Revisión Normativa Galego (RAG, 2003) Cambios principais


AS NORMAS DA RAG DO 2003
A edición revisada das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobada
pola Real Academia Galega no ano 2003, introduciu unha serie de cambios con respecto
á anterior edición de 1995. Os principais cambios do texto son os seguintes:
1. OS NOMES DAS LETRAS
 O nome da letra q, anteriormente cu, pasa a ser que.
 O dígrafo ch, anteriormente denominado che, pasa a chamarse ce hache.
 O dígrafo ll, anteriormente chamado elle, pasa a chamarse ele dobre.
 O dígrafo qu, anteriormente denominado cu u, pasa a denominarse que u.
2. O ACENTO
 Limítase a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas indirectas
a aqueles casos en que é necesario para evitar anfiboloxías:
dille qué queres / dille que queres
xa sabes qué hai? / xa sabes que hai?
xa sabes cánto lle custou / xa sabes canto lle custou
3. A INTERROGACIÓN E A ADMIRACIÓN
 O emprego dos signos de interrogación e admiración é obrigatorio ao final do
enunciado, e só se recomenda ao seu inicio para evitar ambigüidades e facer
máis doada a lectura.
4. O APÓSTROFO
 Introduciuse unha nova epígrafe dedicada ao apóstrofo, permitindo a sÅ›a
utilización para a reprodución da prosodia oral, ou para respectar títulos de obras
ou cabeceiras de publicacións.
5. ARTIGO DETERMINADO
 É obrigatorio o uso da segunda forma do artigo (alomorfos lo, la, los, las) só
despois da preposición por (polo camińo) e do adverbio u (u-los meus zapatos?).
 Nos demais casos o uso da segunda forma do artigo é facultativo. Non é
obrigatorio, polo tanto, representar na escrita os alomorfos  lo,  la,  los,  las
tras os verbos rematados en  r ou  s, nin tras algunhas outras palabras rematadas
en  s (pronomes átonos nos, vos, lles, pronomes tónicos nós e vós, preposición
tras, indefinidos ambos e todos e a conxunción copulativa e mais).
facer o traballo, levas os libros, todos os nenos
(face-lo traballo, léva-los libros, tódolos nenos)
 No texto das Normas a segunda forma do artigo só se emprega nos casos en que
é obrigado.
1
 Insístese en que, mesmo que non se represente graficamente, a Å›nica
pronunciación recomendable é a que reproduce os alomorfos  lo,  las,  los,  las
nos contextos sinalados.
6. CONTRACCIÓNS
 A contracción da preposición a co artigo o pódese representar graficamente
como ao ou ó (ao ou ós para o plural), aínda que a sÅ›a pronuncia debe ser
sempre ó. O texto nas Normas escríbese con ao.
vou ao mitin, os nenos foron aos nińos
(vou ó mitin, os nenos foron ós nińos)
 A contracción da preposición comparativa ca co artigo determinado pode
representarse na escrita ou non. Admítese a dobre representación destas formas:
ca o / có, ca a /cá, ca os / cós, ca as / cás.
7. OS GRUPOS CULTOS
 Os grupos cultos  ct e  cc redścense a  t e  c respectivamente cando van
tras as vogais i e u.
aflición, contradición, dicionario, indución, introdución, produción,
restrición, xurisdición, condución, construción, dedución, destrución,
indución, redución, reprodución, tradución, delito, distrito, ditado,
estrito, vítima, conduta, construtor, estrutura, flutuar, introdutorio,
produto, reduto, tradutor
 MantéÅ„ense como excepción nalgÅ›ns tecnicismos e palabras cultas de escasa
frecuencia ou para evitar homonimias:
adicción ( inclinación a unha cousa ), convicción, dicción, evicción,
ficción, fricción, friccionar, indicción, micción; succión, succionar;
adicto, amicto, anfictión, anfictionia, apodíctico, convicto, deíctico,
dicterio, edicto, ficticio, flictena, ictio (ictericia, ictérico, ictiografía,
ictioloxía, ictiomancia& ), invicto, lictor, nictalope, nictalopía, picto
(pictografía, pictograma, pictórico& ), ricto, veredicto, vindicta; dÅ›ctil,
ductilidade, ducto, eructo, eructar, suctorio
 A consoante implosiva vocaliza en i nos casos de reitor (reitorado, reitoral,
reitoría) e seita (pero sectario, sectarismo).
 Introdścese unha observación sobre a pronuncia dos grupos cultos, que
prescribe o timbre aberto das vogais e, o que van precedendo un destes grupos,
e condénanse as realizacións interdentais e velares do tipo [ a¸to], [aÇ nMstiko].
8. SUFIXOS E TERMINACIÓNS
1. Sufixos  ería e  aría.
 Dáselle preferencia ó sufixo tradicional  aría, aínda que se admite tamén a
solución  ería:
libraría, armaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, carpintaría,
cervexaría, cestaría, chancelaría, enfermaría, enxeÅ„aría, ferraría,
2
gandaría, infantaría, lavandaría, leprosaría, libraría, moblaría,
panadaría, papelaría, peixaría, perfumaría, pradaría, refinaría,
reloxaría, tesouraría, tinturaría, zapataría
 Son excepción as seguintes palabras, algunhas delas galicismos, que presentan
unicamente a terminación  ería:
batería, bixutería, coquetería, disentería, galantería, galería, isomería,
mercería, metamería, pedantería, polimería, tautomería
2. Sufixos  zo,  za /  cio,  za.
 Amplíase a relación de voces coa solución patrimonial  zo e  za:
diferenza (indiferenza), espazo (espazar, espazoso), estanza ( estrofa ),
graza (desgraza), licenza, nacenza (renacenza), novizo, perseveranza,
presenza, querenza (benquerenza, malquerenza), sentenza, servizo
(servizal), terzo (terza, terzá, terzar)
 Grazas é a forma correcta tanto da interxección coma do substantivo en calquera
das sśas acepcións.
 Mantense Galicia como  voz lexítima galega, denominación oficial do país e
forma maioritaria na expresión oral e escrita moderna . Galiza considérase
tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época
medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.
3. Terminación  ble.
 Considéranse admisibles tanto  ble (pl.  bles) coma  ble (pl.  beis) (amable ou
amábel). En consecuencia, tamén xorden novas posibilidades nas palabras
derivadas sobre os adxectivos en  bel e admítense formas duplas do tipo
establecer ou estabelecer. No texto das Normas emprégase  ble.
estable, establecer, establecemento, restablecer, restablecemento,
estábel, estabelecer, estabelecemento, restablecer, restabelecemento
4. Terminacións  dade /  tade.
 Incorpórase puberdade ao grupo de palabras rematadas en  dade.
5. Terminacións  án,  á /  ano,  ana.
 Pasan ao esquema  án/ á algunhas formas que anteriormente se acomodaban ao
esquema  ano/ ana:
alazán  alazá, barregán  barregá, bosquimán  bosquimá, capitán 
capitá, ermitán  ermitá, escribán  escribá, gardián  gardiá,
musulmán  musulmá, rufián  rufiá, sancristán  sancristá, sultán 
sultá e truán  truá
 Considérase un dos sufixos produtivos para formar xentilicios, de xeito que
tamén se acomodan a este esquema afgán  afgá, alemán  alemá, catalán 
catalá, etc.
6. Terminacións  án,  án /  ao,  á.
 Admítense as variantes locais  ao /  á e  án /  án nos xentilicios
correspondentes (burelao / burelá, muradán / muradán& ).
3
9. FORMACIÓN DO FEMININO
1. Simplifícase a formación do feminino das palabras rematas en  án e en  ón:
 Todos os masculinos en  án fan o feminino en  á:
aldeán  aldeá, catalán  catalá, chan  chá, cidadán  cidadá, cristián
 cristiá, curmán  curmá, irmán  irmá, nugallán  nugallá
 Todos os masculinos en  ón fan o feminino en  oa (neste caso  ón non é
analizable como sufixo):
anfitrión  anfitrioa, anglosaxón  anglosaxoa, baixosaxón 
baixosaxoa, beirón  beiroa, borgońón  borgońoa, bretón  bretoa,
campión  campioa, eslavón  eslavoa, frisón  frisoa, gascón  gascoa,
grisón  grisoa, ladrón  ladroa (tamén ladra), lapón  lapoa ( saami ),
león  leoa, letón  letoa, mormón  mormoa, nipón  nipoa, patagón 
patagoa, patrón  patroa, saxón  saxoa, teutón  teutoa, valón  valoa,
vascón  vascoa
2. As śnicas excepcións son:
 Os sufixos deverbais pexorativos:
abusón  abusona, acusón  acusona, bocalán  bocalana, burricán 
burricana, cheirón  cheirona, chorón  chorona, chupón  chupona,
cismón  cismona, comellón  comellona, faltón  faltona, folgazán 
folgazana, lacazán  lacazana
 As formacións aumentativas:
homón, mullerona, cabezón  cabezona
10. PRONOMES
1. Pronomes demostrativos.
 Elimínanse os demostrativos neutros esto, eso e aquelo e prescríbense como
śnicas formas correctas isto, iso e aquilo.
2. Pronomes relativos.
 Admítese o relativo posesivo cuxo, con flexión de xénero e nÅ›mero: cuxo, cuxa,
cuxos, cuxas.
3. Numerais.
 Os numerais cardinais entre vinte e trinta deglutínanse, é dicir, pasan a escribirse
separados os seus elementos: vinte e un, vinte e unha, vinte e dous, vinte e tres,
vinte e catro etc.
 Elimínanse os numerais multiplicativos triple e cuádruple. As formas correctas
son triplo, tripla e cuádruplo, cuádrupla (en liÅ„a con duplo, a, quíntuplo, a& )..
11. VERBO
 Pasa a ser incorrecta a acentuación grave na p4 e p5 dos pretéritos de
subxuntivo (*andasemos, *andasedes). Prescríbese a acentuación esdrÅ›xula
(andásemos, andásedes& ). No pretérito imperfecto de indicativo, no
4
pluscuamperfecto de indicativo e no condicional séguese prescribindo a
acentuación grave nestas formas verbais (amabamos, amabades; amaramos,
amarades; amariamos, amariades).
 En relación co uso do antepretérito e do pretérito de subxuntivo,  recoméndase
manter ben discriminados os usos dos dous tempos ( ra como antepretérito de
indicativo e  se como pretérito de subxuntivo) .
xa marchara el cando saín eu
dixo que marchase (non marchara)
  Dada a sśa lexitimidade histórica e a sśa rendibilidade en certos rexistros
lingüísticos, como por exemplo a linguaxe xurídica, cómpre restaurar o uso do
futuro de subxuntivo, sempre dentro dos límites da corrección establecidos pola
gramática . Así, recoméndase utilizar o futuro de subxuntivo normalmente en
oracións condicionais cando o verbo principal vai en presente ou en futuro.
se fores ao mitin, ven cedo; cando traballares con xeito, aprobarás; se
quixerdes, vémonos maÅ„á&
12. PREPOSICIÓNS, ADVERBIOS E CONXUNCIÓNS
 Aglutínanse, é dicir, escríbense nunha soa palabras gráfica, algunhas locucións
que anteriormente se escribían separadas: acotío, amodo, apenas, decontado,
decontino, decote, decotío, deseguida, deseguido, devagar, enseguida e talvez.
 Engádense a respecto de, alén de, após, aquén de, até, até que, canto a, no
entanto e porén.
 Elimínanse alomenos, anque, entonces, nembargantes e sen embargo.
13. LÉXICO
Introduciuse algunha modificación no léxico:
 No texto das Normas o substantivo vocal pasa a vogal en todas as sśas
acepcións (designa algunhas letras e sons e mais denomina o membro dunha
corporación, a persoa que ten voz nun consello, tribunal, xunta etc.); a forma
vocal resérvase para o adxectivo  relativo á voz . Na mesma familia léxica
conviven formas con g (semivogal) e formas con c (vocálico, vocalismo,
vocalista, vocalizar, vocalización) dependendo de se se formaron sobre a base
vogal ou vocal.
 No texto das Normas estudio e estudiar pasan a estudo e estudar, e sobre estas
bases fórmanse as demais palabras da mesa familia léxica: estudoso, estudante,
estudado, estudantil, estudadamente.
 Engádese liberdade á relación de palabras en  dade.
 Engádense chapeu, romeu e xubileu á relación de palabras en  eu.
 Engádense bacallau e pau á relación de palabras en  au.
 Engádense ímpeto e tribo á relación de palabras en  o.
 Admítese ouvir como variante de oír.
5


Wyszukiwarka

Podobne podstrony:
2003 05 Revision Control Openoffice Org Explained
Nov 2003 History Africa HL paper 3
2003 09 Genialne schematy
Analiza samobójstw w materiale sekcyjnym Zakładu Medycyny Sądowej AMB w latach 1990 2003
2003
A Balaban Polskie problemy ustrojowe 2003
ISUZU AXIOM 2002 2003
Albert Einstein Principles Of Theoretical Physics
grice opracowaniE Cooperative Principle, Maxims of Conversation
2003
2003 podst
Stare Dobre Małżeństwo U studni (2003) Złota kolekcja
PASSIVE VOICE revision exercises
Dz U 2003 190 1864 zmiana z dnia 2003 09 12

więcej podobnych podstron